Querida Ana:
Alegrámonos de que xa estea alá o contrato. Respecto a Montero “que se monte en su velero”, sempre igual, xa non nos quería facer o papel cando viñemos…
Estamos de todo menos perdidas ou, polo menos, non xeograficamente. O noso proxecto está relacionado coa tradución xa que trata sobre Microsoft e, como é sabido, dúas boas tradutoras DEBEN ter un bo coñecemento en temas informáticos.
O danés é moi bonito e cada día aprendemos máis, sobre todo a lingua danesa (xa che adxuntamos unha foto de semellante tipo do país, o profesor).
Pero non todo vai ser estudar. Os mércores hai sesión na “Studenter Huset” e os holandeses convídannos a cervexas cada dúas por tres, non gastamos un duro. Bueno si, as dependentas do H&M coñécennos de lonxe. O resto da semana pasámolo intentando enterarnos un pouco da realidade “Ejpañola”, vendo debates e programas varios. Non hai venres sen festa e o sábado “Jomfru Anne Gade”, que significa “Calle de la Virgen Ana” pero de virginal tiene poco.
Pois isto é todo desde [olborrj], esperamos que che gustase o cotilleo.
Sinceramente tuyas,
María e Nébeda (en danés Marría e Nebida)






